DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11632

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2026, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2026, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (código de procedemento CO400B).

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2025 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2026) o Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca e regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2026, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo.

No anexo I da dita resolución establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para o ano 2026, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo.

Tal como se establece no artigo 1.2 das ditas bases, o procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O artigo 10 das bases dispón que as axudas se concederán en actos sucesivos ata o esgotamento do crédito. O órgano xestor publicará no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia o esgotamento da partida orzamentaria e inadmitirá as posteriores solicitudes destinadas á subvención, salvo que se produza un incremento de crédito.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas previstas na Resolución do 29 de decembro de 2025, da Dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se procede á publicación da convocatoria pola que se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2026, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo,

RESOLVO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na devandita Resolución do 29 de decembro de 2025 quedou esgotado con data do 29 de xaneiro de 2026 coa solicitude presentada ás 20.17 horas.

Segundo. Ordenar a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026

Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia