Mediante a Orde do 17 de decembro de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 2 de xaneiro de 2026, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co procedemento previsto no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 17 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 2 de xaneiro de 2026).
Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo I, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 17 de decembro de 2025.
Terceiro. O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lles fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto. A Xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante a sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
ANEXO I
Apelidos e nome: María Luisa Cardesín Díaz.
DNI: **7483**.
Subgrupo: A1.
Denominación do posto de traballo: secretario/a do Xurado de Expropiación de Galicia.
Código do posto de traballo: IV.C04.00.000.15770.030.
Centro directivo: Xurado de Expropiación de Galicia.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo/escala: xeral.
Grupo: A1.
Nivel: 30.
Complemento específico: 25.159,68 euros.
Tipo de adscrición: (AXG) Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.
*DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
