DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Portas (expediente DH.A36.112442).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Susana Lago Varela, en representación da Comunidade de Regantes de Romai Vello.

Expediente: DH.A36.112442.

Volume total anual: 6.878,50 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,12 l/s.

Destino: rega.

Orixe: un manancial na parcela 635, polígono 21 e un pozo na parcela 209, polígono 304 do catastro de Portas.

Lugar: O Casal e Romai Vello.

Parroquia: Romai.

Concello: Portas.

Descrición:

A auga do manancial condúcese a caseta depósitos en parcela 201, polígono 304 que contén 20 depósitos dos que parten conducións ás parcelas de rega. A do pozo bombéase aos depósitos cando é precisa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 16 de xaneiro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur