DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas das bateas Paula e Carmelo II.

Antecedentes:

1. O día 30 de decembro de 2025, Iria Piñeiro Fernández solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas das bateas Paula e Carmelo II.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

3. O día 19 de xaneiro de 2026, a persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería do Mar acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), no seu artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

3. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Paula.

Situación:

Cuadrícula nº: 21.

Polígono: B.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus), zamburiña (Chlamys varia) e ostra rizada (Magallana gigas).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 9.2.1981.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Jacinto Piñeiro Míguez (***3001**) e Celsa Fernández Leiro (***9441**).

Nova titular: Iria Piñeiro Fernández (***1234**).

Tipo: batea.

Nome: Carmelo II.

Situación:

Cuadrícula nº: 156.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus) e ostra rizada (Magallana gigas).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.2.1973.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Jacinto Piñeiro Míguez (***3001**) e Celsa Fernández Leiro (***9441**).

Nova titular: Iria Piñeiro Fernández (***1234**).

A nova titular das concesións subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 19 de xaneiro de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo