DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica o acordo de revogación do acordo de incoación do 8 de outubro de 2025 do expediente sancionador BSO00B 07-2025.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 8A, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada poderá interpoñer un recurso de alzada contra o referido acordo de revogación ante o director xeral de Inclusión Social no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación do citado acordo tras a comparecencia, tal e como prescriben os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: BSO00B 07-2025.

Persoa interesada. DNI/NIE/Pasaporte: Y9788887D.

Acto que se notifica: acordo de revogación do acordo de incoación do 8 de outubro de 2025 do expediente sancionador BSO00B 07-2025.