DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12126

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025 (CPI2025N), quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 3, do 7 de xaneiro de 2026, publicáronse as bases da convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025 (CPI2025N), quenda de promoción interna.

O número de prazas, a súa denominación e as características relaciónanse a continuación:

1. Sete prazas de técnico/a medio/a da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala de xestión, e integradas no grupo A2.

2. Unha praza de enxeñeiro/a de camiños, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, e integrada no subgrupo A1.

3. Unha praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a superior, e integrada no subgrupo A1.

4. Unha praza de técnico/a medio/a en tecnoloxías da información, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio, e integrada no subgrupo A2.

5. Unha praza de técnico/a medio/a en telecomunicacións, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio, e integrada no subgrupo A2.

6. Tres prazas de oficial/a de control e vixilancia, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integradas no subgrupo C1.

7. Unha praza de coordinador/a de brigadas, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no subgrupo C1.

8. Dúas prazas de administrativo/a de arquivo e documentación audiovisual, encadradas nas escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar, e integradas no subgrupo C1.

9. Dúas prazas de administrativo/a da Administración xeral, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no subgrupo C1, unha reservada a persoas con discapacidade.

10. Catro prazas de administrativo/a, rama tributaria, encadradas na escala da Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no subgrupo C1.

O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), mediante extracto.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2026

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Jesús Vázquez Almuíña
Deputado delegado de Turismo, Transparencia e Administración Xeral