De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non facelo, entenderase efectuada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no BOE.
Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter presentada a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 19 de xaneiro de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS626F
|
Nº expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto |
|
15030016023R |
32763153K |
Requirimento de documentación |
18.11.2025 |
|
15078004625R |
Y2919160Z |
Requirimento de documentación |
24.11.2025 |
|
15030022723R |
Y6041650R |
Requirimento de documentación |
26.11.2025 |
|
15036010524R |
49330482J |
Requirimento de documentación |
09.12.2025 |
|
15019005225R |
13425866F |
Requirimento de documentación |
22.12.2025 |
