En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación da LMTA CCH805 no treito entre os apoios núm. 8 e núm. 15.
Situación: lugar das Conchas, concello de Muíños.
Características principais recollidas no proxecto:
Substitución, na LMTA CCH805, dos apoios núm. 8, núm. 9, núm. 10, núm. 11, núm. 12, núm. 13, núm. 14 e núm. 15 por 8 novos apoios de celosía metálica do tipo C-16/4500, C-16/1000, C-18/1000, C-18/1000, C-18/1000, C-18/3000, C-20/2000 e C-18/7000, respectivamente.
Substitución do condutor existente entre os apoios proxectados núm. 8 e núm. 15 por 1.448 m de novo condutor LA-110.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2.233 do Coeticor, o 22.12.2025.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 21 de xaneiro de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2026/001-3.
Termo municipal: lugar das Conchas, concello de Muíños.
Denominación da instalación: regulamentación da LMTA CCH805 no treito entre os apoios núm. 8 e núm. 15.
|
Predios |
Propietarios |
Afección apoio |
|||
|
Núm. |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Núm. |
Superficie ocupada (m2) |
|
1 |
Canda |
Monte baixo |
Descoñecido |
8 |
2 |
|
3 |
Cabillón |
Monte baixo |
Descoñecido |
10 |
2 |
|
5 |
Lamedeiro |
Monte baixo |
Descoñecido |
12 |
2 |
|
6 |
Entre os Penedos |
Monte baixo |
Manuel Martínez López |
13 |
2 |
|
7 |
Val de Rolo |
Monte baixo |
Hdros. Julia Araújo González |
14 |
2 |
