DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12465

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2026 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante as resolucións do 30 de setembro de 2025 (BOE do 27 de outubro) e tras acreditaren as persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeadas funcionarias co fin de prover prazas dos corpos docentes universitarios,

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confiren o artigo 50 da Ley orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario, e as demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión por parte das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de xaneiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado

ANEXO

Nome e apellidos

Corpo docente

Área de conocimiento

Departamento

Nº de praza

María José Pereira Sáez

Profesora titular

de universidade

Métodos Cuantitativos, Economía e Empresa

Economía

25/019

Ana Álvarez García

Profesora titular

de universidade

Construcións Navais

Enxeñaría Naval e Industrial

25/021