En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Aurelio Manuel Cortizo Filloy.
Expediente: DH.A36.110670.
Volume total anual: 459,90 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,035 l/s.
Destino: uso gandeiro.
Orixe: manancial en parc. 326, pol. 503, do Catastro de Forcarei.
Lugar: Muras.
Parroquia: Pereira.
Concello: Forcarei.
Descrición:
A auga cáptase nunha arqueta para conducila a un depósito na mesma parcela desde o cal segue á explotación gandeira na parcela 288, pol. 503.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 14 de xaneiro de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
