DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12420

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Aprobado polo Consello Reitor o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2026, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, procede convocar as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), que se detallan nos anexos desta resolución.

O Plan formativo para o ano 2026 continúa cunha oferta formativa conxunta en materia de idiomas para o persoal indicado no parágrafo anterior.

Deste xeito, garántese que todas as persoas destinatarias destas actividades, con independencia da Administración a que pertenzan, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente unha das que concentra a maior demanda. Con isto, ademais de ampliar a oferta formativa, procúrase unha xestión máis eficiente desta e unha maior racionalización na cobertura das prazas.

RESOLVO:

Convocar as actividades de formación continua en materia de idiomas que figuran no anexo II, que se deberán desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza de Galicia; das entidades locais de Galicia; e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos no anexo II.

2. Exceptúase o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>

Terceira. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.

4. Debido á alta demanda dos cursos de idiomas na modalidade de teleformación, establécense as seguintes limitacións:

– Cada persoa só poderá solicitar un nivel por cada idioma ofertado na modalidade de teleformación.

– Non se poderá solicitar o mesmo nivel cursado na anterior convocatoria.

5. Nas actividades impartidas na modalidade de telepresenza, a presentación da solicitude para participar nestas comportará o consentimento da persoa interesada para a gravación das sesións na plataforma de telepresenza. Esta gravación terá por único fin o de poder ser empregadas polo alumnado do curso como recurso formativo e para a resolución de posibles reclamacións.

Unicamente poderá acceder ás sesións o persoal docente e o alumnado do curso, así como persoal da EGAP autorizado, cos fins previstos pola normativa vixente en materia de protección de datos.

As gravacións serán borradas unha vez que remate o curso, coas únicas excepcións que estean previstas na normativa vixente en materia de protección de datos.

6. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas e pasará ao final das listas de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

8. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– Altofalantes e micrófono.

– Para a actividade de linguaxe de signos, será necesario dispor dun dispositivo de gravación.

10. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na sua área de matrícula todos os campos, marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas, e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A dita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.

11. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 73 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Cuarta. Comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueloutros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2 g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecerlle ao alumnado a posibilidade do seu visionamento posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o considera oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As ditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado mentres dure a acción formativa ou, de ser o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas, e a gravación destas, poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións e, particularmente, a súa compartición en redes sociais, xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar, ante a persoa responsable do tratamento, o acceso, a rectificación, a limitación e a supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa, necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opoña a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente, incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular, e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Proba de nivel nas actividades de idiomas presenciais e telepresenciais:

A proba de nivel realizarase con anterioridade ao inicio da actividade para os efectos de seleccionar grupos o máis homoxéneos posibles.

Nestas actividades as probas de nivel serán presenciais ou telepresenciais nos lugares e nas datas que se establezan en cada modalidade. A EGAP informará da súa selección e da necesidade de realización da proba a través do correo electrónico, indicando as datas concretas, o horario e as características desta.

2. Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, do 23 de maio); corrección de erros (DOG núm. 130, do 10 de xullo e DOG núm. 148, do 4 de agosto).

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2026, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra M.

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartirase nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; nun 10 % para o persoal das entidades locais; outro 10 % para a Administración de xustiza de Galicia, e o 10 % restante para o PTXAS das universidades galegas do SUG.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria, de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 10 de maio de 2023 (DOG núm. 96, de 23 de maio); corrección de erros (DOG núm. 130 e núm. 148, do 10 de xullo e do 4 de agosto).

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso, poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo, o que se fará público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participaren en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de alegacións será de dez (10) días desde a súa publicación, de acordo co artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a lista definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta lista poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

– Para formalizar a renuncia poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

– O prazo para presentar escrito de renuncia iniciarase a partir da publicación da lista de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres (3) días antes do inicio da actividade formativa.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente, ante as persoas responsables da actividade formativa, nun prazo máximo de dez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o dito anteriormente perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación e de telepresenza:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: a superación dunha proba de avaliación que se realizará ao final delas. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará, a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación, das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas, e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP garantirá, nas actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade/localidade

Data de inicio

Data de

fin

Data e hora do

exame final

PI26001

Lingua inglesa. Nivel básico 1

(nivel 1)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

125

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 16.30 horas

16.9.2026

9.11.2026

13.11.2026 16.30 horas

PI26002

Lingua inglesa. Nivel básico 1

(nivel 2)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

100

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 17.00 horas

PI26003

Lingua inglesa. Nivel básico 2

(nivel 3)

75

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 17.00 horas

PI26004

Lingua inglesa. Nivel básico 2

(nivel 4)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

75

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 17.30 horas

PI26005

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG)..

50

75

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 17.30 horas

PI26006

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 6)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.00 horas

PI26007

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 7)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.00 horas

PI26008

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 8)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.00 horas

PI26009

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 9)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.00 horas

PI26010

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 10)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.30 horas

PI26011

Lingua inglesa. Nivel avanzado 1 (nivel 11)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.30 horas

PI26012

Lingua inglesa. Nivel avanzado 2 (nivel 12)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

50

Teleformación

24.3.2026

20.5.2026

26.5.2026 18.30 horas

PI26013

Actualización en lingua inglesa.

Nivel avanzado

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua inglesa, nivel intermedio B2.

50

20

Presencial
Santiago de Compostela

Do 10.9.2026 ao 3.12.2026
Martes e xoves, das 18.30 ás 20.30 horas

3.12.2026 20.00 horas

PI26014

Actualización en lingua inglesa.

Nivel intermedio

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos mínimos de inglés básico A2.

50

20

Presencial
Santiago de Compostela

Do 17.3.2026 ao 23.6.2026
Martes e xoves, das 18.30 ás 20.30 horas

23.6.2026 20.00 horas

PI26015

Comunicación en inglés no ámbito laboral

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua inglesa, nivel intermedio.

25

20

Telepresenza

Do 25.5.2026 ao 29.6.2026
Luns e mércores, das 16.30 ás 19.00 horas

29.6.2026 18.30 horas

PI26016

Conversa e gramática en francés

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua francesa.

50

15

Presencial
Santiago de Compostela

Do 10.9.2026 ao 3.12.2026
Martes e xoves, das 16.30 ás 18.30 horas

3.12.2026 18.00 horas

PI26017

Conversa en inglés

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos previos de lingua inglesa.

50

15

Presencial
Santiago de Compostela

Do 17.3.2026 ao 23.6.2026
Martes e xoves, das 16.30 ás 18.30 horas

23.6.2026 18.00 horas

PI26018

A Coruña

Do 17.3.2026 ao 18.6.2026
Martes e xoves, das 16.30 ás 18.30 horas

18.6.2026 18.00 horas

Lugo

Do 16.3.2026 ao 15.6.2026
Luns e mércores, das 17.30 ás 19.30 horas

15.6.2026 18.00 horas

PI26018

Conversa en inglés

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos previos de lingua inglesa.

50

15

Presencial
Ourense

Do 17.3.2026 ao 18.6.2026
Martes e xoves, das 16.30 ás 18.30 horas

18.6.2026 18.00 horas

PI26018

Conversa en inglés

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos previos de lingua inglesa.

50

15

Presencial
Pontevedra

Vigo

Do 16.3.2026 ao 15.6.2026
Luns e mércores, das 16.30 ás 18.30 horas

15.6.2026 18.00 horas

PI26019

Conversa en portugués

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua portuguesa.

50

15

Presencial
Santiago de Compostela

Do 10.9.2026 ao 3.12.2026
Martes e xoves, das 16.30 ás 18.30 horas

3.12.2026 20.00 horas

PI26020

Inglés para postos de atención á cidadanía

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua inglesa, nivel intermedio.

25

20

Telepresenza

Do 8.4.2026 ao 11.5.2026
Luns e mércores, das 16.30 ás19.00 horas

11.5.2026 18.30 horas

PI26020

Inglés para postos de atención á cidadanía

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua inglesa, nivel intermedio.

25

20

Telepresenza

Do 2.11.2026 ao 2.12.2026
Luns e mércores, das 16.30 ás 19.00 horas

2.12.2026 18.30 horas

PI26021

Inglés técnico-xurídico para o sector público

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

50

20

Teleformación + Telepresenza

Do 14.9.2026 ao 30.10.2026
Mércores, das 16.30 ás 19.00 horas

5.11.2026 16.30 horas

PI26022

Lingua alemá. Nivel básico 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

75

Teleformación

7.4.2026

24.6.2026

30.6.2026 18.30 horas

PI26023

Lingua alemá. Nivel básico 2

PI26024

Lingua alemá. Nivel intermedio 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

25

Teleformación

7.4.2026

24.6.2026

30.6.2026 19.30 horas

PI26025

Lingua francesa.
Nivel básico 1

150

75

Teleformación

24.3.2026

3.11.2026

6.11.2026 16.30 horas

PI26026

Lingua francesa.
Nivel básico 2

6.11.2026 17.30 horas

PI26027

Lingua francesa. Nivel intermedio 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

150

50

Teleformación

24.3.2026

3.11.2026

6.11.2026 18.30 horas

PI26028

Lingua francesa. Nivel intermedio 2

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

150

50

Teleformación

24.3.2026

3.11.2026

6.11.2026 18.30 horas

PI26029

Lingua francesa. Nivel avanzado 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

150

50

Teleformación

24.3.2026

3.11.2026

6.11.2026 18.30 horas

PI26030

Lingua italiana. Nivel básico 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

75

Teleformación

23.3.2026

9.6.2026

12.6.2026 16.30 horas

8.9.2026

23.11.2026

27.11.2026 16.30 horas

PI26031

Lingua italiana. Nivel básico 2

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

75

Teleformación

8.4.2026

22.6.2026

26.6.2026 17.00 horas

PI26032

Lingua italiana. Nivel intermedio 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

75

Teleformación

8.9.2026

23.11.2026

27.11.2026 16.30 horas

PI26033

Lingua portuguesa para postos de atención á

cidadanía

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

20

50

Teleformación

29.9.2026

23.10.2026

27.10.2026 16.30 horas

PI26034

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

100

115

Teleformación

17.3.2026

25.6.2026

30.6.2026 16.30 horas

1.9.2026

10.12.2026

15.12.2026 17.00 horas

PI26035

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

50

Teleformación

17.3.2026

24.6.2026

30.6.2026 17.30 horas

PI26036

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 2

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

50

Teleformación

17.3.2026

24.6.2026

30.6.2026 17.30 horas

PI26037

Lingua portuguesa. Nivel avanzado 1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

75

50

Teleformación

9.9.2026

24.11.2026

27.11.2026 17.00 horas

PI26038

Oratoria en lingua inglesa

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua inglesa.

20

20

Presencial
Santiago de Compostela

Do 25.5.2026 ao 17.6.2026
Luns e mércores das 16.30 ás 19.00 horas

17.6.2026 18.30 horas

PI26039

Redacción en lingua inglesa

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), con coñecementos de lingua inglesa, nivel intermedio (B1+).

15

25

Teleformación

25.5.2026

8.6.2026

11.6.2026 16.30 horas

25.11.2026

3.12.2026 16.30 horas

PI26040

Lingua de signos A1.1

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). Para a realización do curso é necesario dispor dun dispositivo con que gravarse.

30

30

Teleformación

9.4.2026

14.5.2026

28.5.2026

2.7.2026

10.9.2026

15.10.2026

15.10.2026

PI26041

Lingua de signos A1.2

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que ten o certificado do curso de nivel A1.1. Para a realización do curso é necesario dispor dun dispositivo con que gravarse.

30

30

Teleformación

22.10.2026

26.11.2026

26.11.2026