DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria, no caso de non achegaren os datos necesarios para facturarlle ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se encontraron nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que se alegaron distintas causas para non recibiren as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de octubro, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturarlle ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ás persoas interesadas, e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 23 de xaneiro de 2026

José Santiago Camba Bouzas
Xerente de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

202400120

Y9096410Q

202500107

09647090Q

202500180

44482917C

202501552

X7508856T

202502121

Z2041234N

202502526

Y1333936L

202502930

Z1662436R

202503612

Z1425502J

202503845

45158806P

202503871

X8817799J

202504222

45853889P

202504894

Z3374029A

202504990

34922431J

202505164

34969589K

202505776

X1774209N

202505840

34973319W

202506149

Z2761931G

202506249

76606424W

202506553

Z2498076M

202506987

Z0122055E

202507557

Z0122055E

202507770

X6449136M

202507771

X6449136M