Mediante a Resolución do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, indicada no encabezamento, nomeouse o tribunal cualificador para a convocatoria do ano 2026.
Logo da dita designación e coa finalidade de garantir o correcto desenvolvemento das probas, considérase procedente modificar o nomeamento dos vogais suplentes. Así, mediante esta resolución efectúase a designación íntegra do tribunal para garantir a máxima transparencia e facilitar o coñecemento da composición do tribunal para as persoas interesadas.
Polo exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Modifícase o número 15.1 da Resolución do 29 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro de 2025, que queda redactado como segue:
«15. Tribunal.
1. O tribunal cualificador das probas convocadas estará integrado polo seguinte persoal da Dirección Xeral de Mobilidade:
– Presidente/a:
A persoa titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte.
– Presidentes suplentes:
A persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e Planificación do Transporte.
A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
– Vogais:
A persoa titular do Servizo da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.
A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte.
A persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico.
– Vogais suplentes:
A persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas e Planificación do Transporte.
A persoa titular do Servizo de Inspección.
A persoa titular do Servizo de Informes e Recursos.
A persoa titular do Servizo de Infraestruturas.
A persoa titular do Servizo de Planificación.
A persoa titular do Servizo de Contratación.
A persoa titular do Servizo de Loxística e Instalacións Aeronáuticas e Ferroviarias.
– Secretario/a:
A persoa titular do Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros.
– Secretario/a suplente:
A persoa titular do Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico.
A persoa titular do Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte».
Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade
