Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, nº 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 27 de xaneiro de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR 204A 2025/5569-4 |
39167842S |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8689-4 |
32700911V |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8699-4 |
53184924T |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8704-4 |
77403907Y |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/8794-4 |
35584454G |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9043-4 |
Z3030685A |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9107-4 |
76812612H |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9181-4 |
77406147S |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9209-4 |
15989797J |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9520-4 |
04684091A |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9576-4 |
53173753F |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9795-4 |
35998466Q |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/9811-4 |
35566914J |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/10005-4 |
36077363T |
Denegatoria |
|
PR 204A 2025/10043-4 |
77414618E |
Denegatoria |
