DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade ao financiamento, cos fondos da Unión Europea do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR), das actuacións que se citan.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións financiadas polos ditos fondos, en concreto consonte o anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican, por razón do seu financiamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

Tipo de contrato: obra/servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de obra de actuacións na rede de control piezométrica da presa de Baiona. Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Referencia do expediente: AUG-2025-0175.

CPV (referencia de nomenclatura): 45120000-4. Traballos de perforación e sondaxe.

Orzamento base: importe neto: 38.965,62 euros. Importe total: 47.148,40 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 38.494,00 euros. Importe total: 46.577,74 euros.

Empresa contratista: Prointega Ingeniería, S.L.

b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada obra de actuacións na rede de control piezométrica da presa de Baiona. Baiona (Pontevedra)-Obra con referencia de expediente AUG-2025-0175 e clave M.25068. Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Referencia do expediente: AUG-2025-0191.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 8.525,43 euros. Importe total: 10.315,77 euros.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.735,09 euros. Importe total: 8.149,46 euros.

Empresa contratista: Cíes Atlántico, S.L.U.

3. Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuacións referidas no punto 2. anterior financiadas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cos fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) dentro do marco do dito plan na política panca II: infraestruturas e ecosistemas resilientes; compoñente 5: preservación do litoral e recursos hídricos; medida: investimento 3 (C5.I3): transición dixital no sector da auga (vixilancia e control do contorno dixital); fito CID 426: posta en funcionamento de ferramentas para mellorar o coñecemento e o uso dos recursos hídricos, e para rexistrar as precipitacións e outros datos meteorolóxicos; proxecto 01 (C05.I03.P01): mellora do coñecemento e o uso dos recursos hídricos; subproxecto 13 (C05.I03.P01.S13): PERTE de dixitalización do ciclo da auga na Comunidade Autónoma de Galicia; campo de intervención 040: xestión da auga e conservación dos recursos hídricos (incluída a xestión das concas fluviais, medidas específicas de adaptación ao cambio climático, reutilización, redución de fugas); campo de intervención 011: solucións de TIC para a Administración, servizos electrónicos, aplicacións.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia