DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13052

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 4 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), acordou, de conformidade co disposto nas bases II.1.2.6 e II.1.1 da convocatoria, que o primeiro e segundo exercicios da oposición se realizarán de modo simultáneo na mesma sesión, que terá lugar o día 21 de febreiro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

Eva Fachado Rubio
Presidenta do tribunal