DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13157

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos terreos do Plan especial de infraestruturas para o novo acceso ao CEIP Párroco Don Camilo en Santo André de Comesaña (expediente 296/413).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 19 de decembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación, con carácter inicial ao proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos terreos do Plan especial de infraestruturas para o novo acceso ao CEIP Párroco Don Camilo, en Santo André de Comesaña, documentación técnica redactada conxuntamente polas arquitectas do Servizo de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo en outubro de 2025, e asinada electronicamente o 18 de novembro de 2025.

Segundo. Someter a información pública este expediente, con toda a documentación integrante del, polo prazo dun (1) mes, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e/sou reclamación que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. O remate do referido prazo computarase desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a documentación exposta dilixenciaraa a Secretaría Xeral que ten atribuída a competencia.

Terceiro. Notificar as taxacións de xeito individual a todas aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que consideren convenientes no prazo dun mes a partir da súa debida notificación.

Cuarto. O contido íntegro do instrumento inicialmente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom_2025.php?lang=gal na epígrafe de Xestión/Execución do Planeamento».

Para os efectos de dar cumprimento ao punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente, logo de disociación dos datos persoais, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e na normativa sobre protección de datos persoais, poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom_2025.php?lang=gal na epígrafe de Xestión/Execución do Planeamento, e no Departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (Praza do Rei, s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

* Poden poñerse en contacto co Departamento de Información de Urbanismo, para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

* Para presentar documentos ou escritos de alegacións poden solicitar, preferentemente, cita previa no Rexistro de Urbanismo, no teléfono 986 81 03 44.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se poida practicar, a publicación dese anuncio servirá de notificación co alcance e finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da perceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 15 de xaneiro de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda