DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2026, da Comisaría de Augas de Galicia, polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de demolición das infraestruturas de retención, así como das asociadas ao aproveitamento hidroeléctrico de Landoi, no río Forte, concello de Cariño (A Coruña) (clave 15/055/1).

O 21 de setembro de 2021, a Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución pola que se declarou a extinción, por causa de caducidade, do dereito concesional relativo ao aproveitamento hidroeléctrico denominado Central de Landoi, no río Forte, concello de Cariño (A Coruña), titularidade de Naturgy Generación, S.L.U., e se estableceu a obriga de restituír o dominio público hidráulico á súa orixe e demoler as infraestruturas de retención, así como as asociadas ao dito aproveitamento.

En cumprimento do disposto nos artigos 53.3.a) e 78.ter.2.a) do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, sométese ao trámite de información pública o documento achegado por Naturgy Generación, S.L.U. titulado Proxecto de desmantelamento e posta en seguridade das instalacións pertencentes ao aproveitamento hidroeléctrico de Landoi, titularidade de Naturgy Generación, S.L.U. Xullo 2023.

O que se fai público para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes, persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, e que poderán presentarse por calquera dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de 20 días hábiles, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio, xunto coa documentación mencionada, ademais da súa inserción no mencionado diario oficial, será publicado na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal (na sección denominada Participación pública).

A documentación achegada por Naturgy Generación, S.L.U. estará dispoñible, para os efectos da súa consulta, nas dependencias administrativas de Augas de Galicia, sitas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15703 Santiago de Compostela, ou ben por medios electrónicos, para o cal se deberá solicitar a ligazón de descarga mediante o correspondente escrito dirixido a Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026

O comisario de Augas de Galicia
P.S. (Resolución do 30.10.2025)
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións