DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2024/115-1, no concello de Coristanco.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT no lugar de Outeiro de Xaviña, no concello de Coristanco (expediente IN407A 2024/115-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/115-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT no lugar de Outeiro de Xaviña.

Concello: Coristanco.

Predio

Lugar

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Outeiro de Xaviña

0723719NH2802S0001KY

María del Carmen Mira Sánchez e Ramón García Taibo

27.3.2026

11.10

2

Lagoa

1021701NH2812S0001AP

Bautista Velo

27.3.2026

11.20