DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13394

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Porto do Río

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral extraordinaria.

Javier Fernández Filgueira, con DNI ***0684**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Porto do Río, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 22 de marzo de 2026, na Casa da Cultura de Río Maior, ás 11.15 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda, a asamblea xeral extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura das actas anteriores e aprobación, se procede.

2. Autorización á xunta directiva para tramitar a renovación da concesión.

3. Autorización á xunta directiva para solicitar axudas e subvencións en nome da comunidade.

4. Revisión de estatutos.

5. Rogos e preguntas.

Santa Cristina de Cobres-Vilaboa, 20 de xaneiro de 2026

Javier Fernández Filgueira
Presidente da Comunidade de Usuarios de Porto do Río