DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13334

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados polas resolucións do 30 de setembro de 2025 e 15 de outubro de 2025 (BOE do 27 de outubro e 5 de novembro, respectivamente) e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeadas funcionarias para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artígo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de xaneiro de 2026

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Núm. praza

Ana María Neira Pena

Profesora titular de universidade

Dereito Procesual

Dereito Público

25/016

Marcos Lema Rodríguez

Profesor titular de universidade

Mecánica de Fluídos

Enxeñaría Naval e Industrial

25/022

José María Picatoste Novo

Profesor titular de universidade

Fundamentos da Análise Económica

Economía

25/026

Ana María Rodríguez Pasandín

Catedrática de universidade

Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes

Enxeñaría Civil

25/032

Renée de Palma Ungaro

Catedrática de universidade

Didáctica e Organización Escolar

Pedagoxía e Didáctica

25/040