Dada conta de que o Concello de Ares aprobou a oferta pública de emprego para o ano 2024 e a convocatoria de tres prazas de Policía Local polo sistema de promoción libre, publicada no BOP da Coruña núm. 163, do 26 de agosto de 2024, e o DOG núm. 176, do 12 de setembro de 2024.
Aprobadas as bases da convocatoria publicáronse no BOP da Coruña núm. 188, do 30 de setembro de 2024 e no Boletín Oficial del Estado do 30 de outubro de 2024, publicouse a Resolución de 22 de outubro de 2024 referente á convocatoria para proveer 3 prazas de Policía Local, con extracto da convocatoria no DOG núm. 204, do 22 de outubro de 2024.
Publicado no BOP da Coruña núm. 244, do 19 de decembro de 2024, o nomeamento do Tribunal.
Publicado no BOP da Coruña núm. 150, do 8 de agosto de 2025, a Resolución da Alcaldía sobre aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos.
Faise público que polo Acordo da Xunta Municipal de Goberno en sesión que tivo lugar o 12 de xaneiro de 2026 acordouse:
Renunciar a continuar coa convocatoria de selección para provisión mediante oposición libre de tres prazas de Policía Local recollidas na oferta pública de emprego de 2024, grupo C, subgrupo C1, Administración especial, subescala básica, grupo C1, denominación Policía Local, de conformidade coas bases da convocatoria publicadas no BOP do 30 de setembro de 2024, por renuncia da maioría dos membros do tribunal e carecer de medios propios para desenvolver o proceso selectivo coas garantías debidas, e solicitar á Academia Galega de Seguridade Pública que ao abeiro do convenio subscrito entre o Concello de Ares se encargue da selección de tres prazas de Policía Local recollidas na oferta pública de emprego do 2024, grupo C, subgrupo C1, Administración especial, subescala básica, grupo C1, denominación Policía Local, para o Concello de Ares, e publícase o extracto deste acordo nos boletíns oficiais: BOP, DOG e BOE, para os efectos oportunos.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Ares, 20 de xaneiro de 2026
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde presidente
