DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13378

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de contratación de peoa de limpeza de edificios municipais.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 7/2026, do 7 de xaneiro de 2026, declarouse a Susana Cebreiro Paz, con DNI ***9897**, persoal laboral fixa do Concello de Fene, dunha praza de peoa de limpeza de edificios municipais, coa clasificación: segundo convenio, equivalente a agrupación profesional e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

Así mesmo, declarouse deserto o proceso selectivo derivado da praza incluída na quenda de discapacidade e incluída na oferta de emprego público do ano 2021.

Este anuncio publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 12, do 20 de xaneiro de 2026.

O que se fai público para os efectos dos artigos 62 do TREBEP e 60 do LEPG.

Fene, 20 de xaneiro de 2026

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa