DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de corrección de erros da convocatoria para cubrir dúas prazas vacantes de auxiliar administrativo/a, adscritas á Área de Administración Xeral e Réxime Interno, en calidade de funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C2, nivel 16, mediante o sistema de oposición (Diario Oficial de Galicia número 5, do 9 de xaneiro).

Advertido un erro no anuncio da convocatoria para a cobertura en propiedade de dúas prazas vacantes de auxiliar administrativo/a do Concello de Pontedeume adscritas á Área de Administración Xeral e Réxime Interno, funcionario/a de carreira da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C2, nivel 16, polo sistema de oposición, publicado no DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2026, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 1529, onde di «O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado».

Pontedeume, 3 de febreiro de 2026

Bernardo Fernández Piñeiro
Alcalde