DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.13206 e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter rematado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.13206 e dez máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

DH.A15.13206

Rosa Quintáns Lema e Jesús Agulleiro Suárez

9.1.2026

DH.A15.9502

Comunidade de Usuarios Vilar de Cerdeiras

9.1.2026

DH.A15.14595

Marcelina Cepeda Carril

9.1.2026

DH.A36.5394

Dorinda Martínez Torres e Benito Vázquez García

9.1.2026

DH.A15.15300

Manuel Paz Muíño

9.1.2026

DH.A15.15389

José Luis Sande Fernández

9.1.2026

DH.A15.14069

Pilar Martín Catoira

9.1.2026

DH.A15.15834

María Taboada Barreiro

9.1.2026

DH.A15.16009

Dorinda Varela Vecino

9.1.2026

DH.A36.6191

Comunidade de usuarios de Comboa

9.1.2026

DH.A15.12376

Piedad Martínez Dovale

9.1.2026