DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 18 de febreiro de 2026 Páx. 13668

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan para realizar as probas físicas as persoas aspirantes integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

Mediante a Resolución do 27 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, publicáronse as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas das integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas escalas e especialidades do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais. O punto terceiro da dita resolución establece que as persoas aspirantes que vaian realizar a proba Field Test deben remitir un certificado medico oficial ou informe de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se faga constar que non presentan ningunha enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.

De acordo cos certificados médicos achegados e á vista das alegacións presentadas en prazo, e co fin de elaborar a lista definitiva para a cobertura dos postos de persoal laboral do SPIF, esta Secretaría Xeral Técnica

RESOLVE:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que achegaron o certificado médico para a realización da proba física Field Test, que teñen número de orde para ser chamadas para algunha das seguintes especialidades das listas elaboradas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo:

Grupo

Categoría ou corpo/escala

Denominación

I

38

Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais

II

39

Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

33

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

V

14

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor

C1

209U

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de Bombeiro forestal xefe de brigada.

C2

207T

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de Bombeiro forestal-condutor de motobomba.

C2

207U

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade de Bombeiro forestal.

Segundo. A proba física Field Test realizarase os días 24, 25, 26 e 27 de febreiro de 2026, no estadio municipal Vero Boquete, sito na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Terceiro. A relación definitiva de aspirantes convocados á realización da proba física e o día e hora en que deberán presentarse relaciónanse na seguinte ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios

Cuarto. A proba física Field Test consistirá en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.

Quinto. Os aspirantes acudirán á realización da proba provistos do DNI.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026

Marta Forés Lojo
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural