En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento, de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025.
A través deste anuncio, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si mesmas ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Están á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican.
Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que as resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de política social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)
|
Núm. de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto que se notifica e data |
|
BS403B-2025-00005364 |
45164029X |
Resolución do 28.10.2025 |
|
BS403B-2025-00007286 |
LC5375945 |
Resolución do 28.11.2025 |
|
BS403B-2025-00006844 |
54702184L |
Resolución do 7.11.2025 |
