Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de notificación da sede electrónica deste colexio oficial ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. O expediente relacionado atópase á disposición da persoa interesada para que, se é o caso, poida consultalo no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, número 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.
Advírteselle á persoa interesada que contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución obxecto de recurso, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2025
Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
ANEXO
Expediente: CED 10/2025.
Nome e apelidos: Roberto Martín Rollán.
DNI: ***5366**.
