DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 18 de febreiro de 2026 Páx. 13734

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, do recurso contencioso-administrativo PO 4380/2025.

Nesta administración recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número PO 4380/2025, interposto pola Panadería Elena, S.L., contra o Acordo do Pleno do Concello de Vigo do 26 de maio de 2025 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Vigo aprobado en revisión do Plan xeral de ordenación urbana de 1993, no que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cubrir o solicitado no dito oficio, a Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer e presentarse como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de xaneiro de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda