En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Teo.
DNI: ****8300*.
Expediente: DH.A15.06701.
Volume total anual: 1.411.820 m3/ano.
Destino: abastecemento municipal.
Orixe: río Ulla.
Lugar: Pontevea.
Parroquia: Reis (San Cristovo).
Concello: Teo.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento modificado consiste nunha captación de auga no río Ulla, nas coordenadas UTM (ETRS89, fuso H29) X=536.615 Y=4.734.461, desde onde se realiza unha impulsión ata a ETAP de Pontevea, situada a uns 250 ao norte, onde se leva a cabo o tratamento de potabilización da auga. Desde estas instalacións realízase un bombeo de impulsión ata o depósito de Rial do Mato, desde o que se realiza a distribución á zona sur do concello. En Pedrouso localízase unha nova impulsión, que eleva a auga ata o depósito da Póboa, desde onde se realiza a distribución á zona norte do concello. Esta rede de distribución inclúe unha nova impulsión ata o depósito dos Tilos, desde o que se abastece a urbanización do mesmo nome e o lugar de Covas.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
