DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2025/3336-3 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 27 de xaneiro de 2026

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/equivalente

PR204A 2025/3336-3

44843784V

PR204A 2025/3627-3

44663587W

PR204A 2025/3636-3

44451373D

PR204A 2025/3653-3

45148645J

PR204A 2025/4292-3

55146646Y

PR204A 2025/4339-3

44454102R

PR204A 2025/4340-3

45148645J

PR204A 2025/4500-3

41590558A

PR204A 2025/4612-3

49159868J

PR204A 2025/4669-3

44474406L

PR204A 2025/4871-3

34975442D

PR204A 2025/5021-3

10047875A

PR204A 2025/5075-3

44465465W

PR204A 2025/5132-3

34962853R