De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse para seren notificadas das resolucións ditadas as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas que as representan.
Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Xestión Económica do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo, na ronda da Muralla, 70, 27071, Lugo; das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Este anuncio publicarse no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, contra as resolucións que se notifican poderase interpoñer recurso na vía económico-administrativa perante a Xunta Superior de Facenda, sen prexuízo do dereito a interpoñer previamente, con carácter potestativo, recurso de reposición. Ambos recursos dirixiranse á Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade en Lugo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.
Lugo, 28 de xaneiro de 2026
Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Número expediente |
Persoa interesada |
Contido do acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
RD-002/2025 |
32685433H |
Liquidación de débedas por estadías en centros residenciais |
19.7.2025 |
|
RD-003/2025 |
10779457R |
Liquidación de débedas por estadías en centros residenciais |
11.9.2025 |
|
RD-005/2025 |
53860753C |
Liquidación de débedas por estadías en centros residenciais |
11.9.2025 |
|
RD-008/2025 |
33315172V |
Liquidación de débedas por estadías en centros residenciais |
19.9.2025 |
