DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2017/177/15.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselle á persoa interesada e que figura no anexo a resolución que se ditou no expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en Gregorio Hernández, 2, 1º andar, onde a dita persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer para o coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra a dita resolución, a persoa interesada, ou a persoa que a represente debidamente acreditada, poderá interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expte.

Persoa interesada

Data da resolución

Efectos da resolución

2017/177/15

Ana Vanesa Ferreiro Corral

24.3.2025

Traslado do expediente