Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio son informados da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración as persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT TA-803 apoio 9SF44VVD//D49, no concello de Brión (expediente IN407A 2024/237-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 2 de febreiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/237-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMT TA-803 apoio 9SF44VVD//D49.
Concello: Brión.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
1 |
15013A014002270000UJ |
Descoñecida |
18.2.2026 |
