DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14122

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Confecciones Camporrapado, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO de liquidación e extinción da cooperativa.

De conformidade co disposto na Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral ordinaria de Confecciones Camporrapado, Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación, que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2026, acordouse, por unanimidade de votos e cumprindo os requisitos legais e estatutarios, a liquidación e extinción da sociedade cooperativa, e facultouse para tales efectos as liquidadoras, así como para a aprobación do balance final de liquidación.

Camporrapado, Boqueixón, 11 de febreiro de 2026

Luisa Rodríguez Couto
Rosario Rendo Caneda
María Luisa Rendo Veloso
Liquidadoras de Confecciones Camporrapado,
Sociedade Cooperativa Galega, en liquidación