De conformidade coas propostas elevadas polas comisións de selección nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados polas resolucións do 30 de setembro de 2025 (BOE do 27 de outubro) e acreditados polas persoas interesadas os requisitos exixidos pola lexislación vixente para seren nomeados funcionarios para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.
Este reitorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 4 de febreiro de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
ANEXO
|
Nome e apelidos |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Nº praza |
|
Ana Belén Cerdeira Pena |
Profesora titular de universidade |
Linguaxes e Sistemas Informáticos |
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información |
25/013 |
|
María Begoña Lasa Álvarez |
Profesora titular de universidade |
Didáctica da Lingua e Literatura |
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación |
25/017 |
