De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesión de augas, ditados no expediente E-140-C e vinte e dous máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
E-140-C |
Juan Picos Suárez |
23.1.2026 |
|
E-100-C |
Ángel López de la Fuente |
23.1.2026 |
|
E-182A-C |
Herdeiros de Luciano Vázquez Pose |
23.1.2026 |
|
E-178-C |
Ricardo Treebay |
23.1.2026 |
|
E-153-C |
Manuel Romero Martínez |
23.1.2026 |
|
E-174A-C |
Carmen Cernadas López, Virtudes Ares Cernadas, Francisca Ares Cernadas, Jose Ares Cernadas, Manuel Ares Cernadas, María Ares Cernadas, Antonia Ares Cernadas, Carmen Ares Cernadas, Antonio Ares Cernadas, Josefa Ares Cernadas, Pilar López, Herminia Cernadas López, José Cernadas López, Mercedes Cernadas López, Pilar Cernadas López, Benedicto Cernadas López |
23.1.2026 |
|
E-183-C |
Aquilino Vilariño Soto e Domingo Vilariño Soto |
23.1.2026 |
|
E-172-C |
Blas Soto Prieto |
23.1.2026 |
|
E-1072-C |
Manuel Antelo Marcote |
23.1.2026 |
|
E-1061-C |
José Salinas Cruz |
23.1.2026 |
|
E-1009-C |
María Josefa Andrade Varela |
23.1.2026 |
|
E-1000A-C |
José García Gil |
23.1.2026 |
|
E-1041-C |
Jose María Espasandín Sendón |
23.1.2026 |
|
E-1275-C |
Juan Antelo Costa e Evaristo Cambeiro Alvite |
23.1.2026 |
|
E-1244-C |
Angustias Villar Alvelo |
23.1.2026 |
|
E-1213-C |
Sociedad Anónima Española de Industrias Químicas y Farmacéuticas |
23.1.2026 |
|
E-1302-C |
José María López Seoane |
23.1.2026 |
|
E-62-2082-C |
Antonio Pérez Marcota |
23.1.2026 |
|
E-1422-C |
José Rivera Formoso e José Galdo Oca |
23.1.2026 |
|
E-1460-C |
Antonio Caamaño Fernández e Ramón Osinde Reino |
23.1.2026 |
|
E-1456-C |
Águila Negra, S.A. |
23.1.2026 |
|
E-1501-C |
Mins, S.A. |
23.1.2026 |
|
1022-M |
Jesús Aenlle Gruñeiro, Benita Ledo Saavedra, Josefa Rodríguez Recalde, Manuel Ledo Rodríguez, Benjamín Iglesias Alonso, José Andía Bargo, José Ramón Andía Bargo, Carmen Andía Bargo, Filomena Andía Bargo, Elena Andía Bargo |
23.1.2026 |
