DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 20 de febreiro de 2026 Páx. 14421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra este acto, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2026

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Zona de reestruturación parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)

DNI/Nome

Nº prop.

Acto notificado

45954688K

575

RDX 21.11.2025

78788007N

587

RDX 21.11.2025

05299890T

570

RDX 21.11.2025

05299891R

570

RDX 21.11.2025

47361817X

477

RDX 21.11.2025