No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 10, do 16 de xaneiro de 2026, publicáronse as bases da convocatoria de procesos selectivos para cubrir postos vacantes no cadro de persoal laboral fixo do Consorcio Provincial de Pontevedra para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, incluídos nas ofertas de emprego público do ano 2024 e 2025, polo sistema de concurso-oposición e formación de bolsa de emprego; e publicouse a rectificación e a corrección de erros no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 28, do 11 de febreiro de 2026.
O número de postos, a súa denominación e as características son as que a seguir se relacionan:
1. Dous (2) postos de xefe de parque, encadrados na clasificación profesional de grupo de mandos, xefe/a de parque.
2. Dezasete (17) postos de bombeiros/as-condutores/as encadrados na clasificación profesional de bombeiro-condutor.
O prazo de presentación de solicitudes coa documentación sinalada na base sétima das bases xerais é de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), mediante extracto.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e na sede electrónica.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2026
Luis López Diéguez
Presidente do Consorcio Provincial de Pontevedra
para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento
