Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º piso, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 2 de febreiro de 2026
Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña
ANEXO
|
Persoas interesadas |
DNI/NIE/NIF |
Acto obxecto da notificación |
|
Herdeiros de María Teresa Blanco Bermúdez |
***9497** |
Notificación da resolución pola que se acorda resolver o contrato de arrendamento dunha vivenda e comunicación do prazo para a retirada de mobles, que se considerarán abandonados se non son retirados (expediente C-85/200, conta 20). |
