DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de solicitude de documentación do Plan de inspección 2025 en materia de seguridade industrial, nos expedientes con referencia SAI PI2025 P1 EESS 15-21 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedarán supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 2 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nombre

Acto que se notifica

SAI PI2025 P1 EESS 15-21

Unidad Suministros Valcarce-Ceus Oil

Solicitude de documentación

SAI PI2025 P1 EESS 15-23

Antonio Quintela Villadeamigo

Solicitude de documentación

SAI PI2025 P1 PCI 15-17

Gestión Biomasa del Noroeste

Solicitude de documentación

SAI PI2025 P1 AP 15-5

Distribuciones y Transportes Andrés Iglesias Rubio, S.L.

Solicitude de documentación