DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVQC//110-35-8 (O Saviñao) (expediente IN407A 2022/253-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio comunícanselles a todas as persoas interesadas os pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios BKEA85DF//D110-35 e BK8LVQC//110-35-8 (O Saviñao), que se realizarán na casa do concello do Saviñao, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade.

Lugo, 2 de febreiro de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/253-2.

Entidad beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT CHA811 Saviñao 11 entre os apoios
BKEA85DF//D110-35 e BK8LVQC//110-35-8.

Concello

Titular

Día

Hora

Predio

O Saviñao

Hrdos. de Dámaso Blanco Cidre

23.4.2026

10.45

5

Manuel Sánchez Díaz

10.45

8

Isaac Sánchez López

11.00

4,12

Elia Taboada Expósito

11.00

7