DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/194-1, no concello de Carballo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio son informadas da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración as persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT BRT-803 apoio 9V0IGEWV//60-8, no concello de Carballo (expediente IN407A 2024/194-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 3 de febreiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/194-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT BRT-803 apoio 9V0IGEWV//60-8.

Concello: Carballo.

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

150019A011003170000IT

Descoñecida

19.2.2026