O 23.12.2025, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas ditou a resolución pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para a instalación de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondente ao parque de 220 kV da nova subestación eléctrica 400/220 kV Abegondo, no concello de Abegondo (A Coruña), e que promove Red Eléctrica de España (expediente IN407A 2023/059-1).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos realizados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, Santiago de Compostela (Edifico Inega-San Lázaro), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
ANEXO
|
Propietario/a |
Datos da parcela afectada |
|||
|
Parcela proxecto |
Referencia catastral |
Concello |
Natureza do terreo |
|
|
Herdeiros de María Vidal Pérez |
5 |
15001A03400122 |
Abegondo |
Matogueira |
|
José Baamonde Insua |
7 |
15001A03400124 |
Abegondo |
Matogueira |
|
Teresa Gómez Bello |
10 |
15001A03400127 |
Abegondo |
Matogueira |
|
Manuel Louzao Rodríguez |
12 |
15001A03400139 |
Abegondo |
Matogueira |
