Roberto Martínez Alonso, con DNI ***9105**, presidente da Comunidade de Usuarios de A Cernada, por este anuncio convoca para o vindeiro día 14 de marzo de 2026, no Centro Cultural de Vincios (Gondomar), ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura de actas anteriores.
2. Contas de 2025 e orzamento 2026.
3. Situación actual das obras das subvencións aprobadas.
4. Facultar a Xunta Directiva para solicitar axudas e subvencións no nome da comunidade.
5. Elección da nova Xunta Directiva e Xurado de Augas.
6. Rogos e preguntas.
Gondomar, 29 de xaneiro de 2026
Roberto Martínez Alonso
Presidente da Comunidade de Usuarios de A Cernada
