De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación á persoa interesada, con DNI 77003130G, da corrección do erro do Acordo de incoación do 17 de novembro de 2025 da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (expediente PO-0238-2025).
O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar o que considere pertinente.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
