DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de febreiro de 2026 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-21-25-14 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado mediante a Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 13-21-25-14

PO-3486-BG

Gardapeiraos

35279024Z

Estacionamento prohibido.

20.8.2025; 11.33 horas; Moaña (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-21-25-15

4075-BPY

Gardapeiraos

78739363J

Estacionamento prohibido.

20.8.2025; 11.38 horas; Moaña (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €