DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14739

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR440D).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 1 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2025, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

– Finalidade: mellorar a competitividade dos viños españois mediante a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países.

– Financiamento: procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Beneficiarios e axudas concedidas:

Nome

NIF

Subvención (€)

Don Bernardino, S.L.

B27409440

5.581,26

Viña Costeira, S.C.G.

F32002230

14.444,03

C.R.D.O. Rías Baixas

Q8655030H

313.046,87

Bodegas As Laxas, S.A.

A36109775

74.181,12

Pazo de Señoráns, S.L.

B36117513

8.325,36

Adegas Valmiñor, S.L.

B36277218

41.850,00

Bodegas Chaves, S.L.

B36018018

5.742,04

Bouza do Rei, S.A.T.

F36026698

4.316,00

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

B36549350

66.820,00

Lagar de Besada, S.L.

B36306173

7.000,00

Agro de Bazán, S.A.

A36034668

92.767,34

Viñedos y Bodega Veiga Serantes, S.L.

B94167871

14.158,27

Bodegas Fillaboa, S.A.

A36692846

16.778,77

Viñas e Adegas Galegas, S.L.

B94055068

36.249,72

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

A36033009

261.505,92

HGA Bodegas y Viñedos de Altura S.L.

B32131047

41.299,29

Los Vinos de Miguel, S.L.

B32442964

17.202,80

Bodegas Terras Gauda, S.A.

A36108900

255.274,04