DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15023

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do 9 de febreiro de 2026, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o quinto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron os exercicios anteriores, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.2.3.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal