DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15102

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Traída de Augas de Uso Doméstico Pazos-Chan

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Fernández Tejedor, en calidade de presidente da Comunidade de Traída de Augas de Uso Doméstico Pazos-Chan, con CIF G36550770, por medio deste anuncio convoca todas as persoas usuarias á asemblea xeral ordinaria que terá lugar o día 8 de marzo de 2026, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, no Centro Cultural e Turístico Antonio Fraguas, en Carballedo, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Renovación da Xunta Directiva e nomeamento dos novos cargos.

3. Renovación das concesións administrativas.

4. Aumento da cota.

5. Delegación na Xunta Directiva da facultade para solicitar subvencións ante as administracións públicas, así como para realizar cantas actuacións sexan necesarias para a súa tramitación, xustificación e execución.

6. Rogos e preguntas.

Carballedo, Cerdedo-Cotobade, 2 de febreiro de 2026

José Fernández Tejedor
Presidente da Comunidade de Traída de Augas de Uso Doméstico Pazos-Chan